Eleccións ao Consello Escolar

Un novo proceso de eleccións ao Consello Escolar está en marcha no noso colexio (ao igual que no resto de centros educativos de Galicia). Cada dous anos hai que renovar parte dos cargos e o proceso farase ao longo deste mes.

No caso dos representantes das familias teñen que renovarse dous cargos, polo que vos animamos a participar no proceso selectivo. O Consello Escolar é, ademais da Anpa, outra das ferramentas esenciais para a participación das familias na escola así que anímate e presenta a túa candidatura antes das 14h do luns 19 de novembro.

Preparamos o seguinte texto para que saber algo máis sobre que é o Consello Escolar, cales son as súas funcións e como será o proceso selectivo.

Que é Consello escolar?

É o máximo órgano de goberno dos centros educativos. Ten carácter colexiado e  participación de todos os grupos e estamentos que compoñen a comunidade escolar dun centro.

Quen conforma o consello escolar?

  • 1 Director
  • 1 Secretaria do centro.
  • 4 representantes do Claustro.
  • 5 representantes das familias (un deles elixidos pola asociación de nais e pais)
  • 1 representante do persoal non docente.
  • 1 representante do Concello

Cales son as súas funcións principais?

Malia os recortes introducidos na LOMCE nas funcións do C.E., este mantén aínda importantes atribucións:

  • Avaliar os proxectos e as normas que regulan a vida do centro(Proxecto Educativo, PXA, NOF…)
  • Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.
  • Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
  • Participar na selección do director do centro.
  • Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas.
  • Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente.
  • Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación.
  • Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar.
  • Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
  • Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e mellóraa da calidade da xestión

Cales son as comisións do consello?

  • Comisión de convivencia
  • Comisión económica

Eleccións ao consello

Neste outono elíxense a dous representantes das familias (dun total de 4) para o consello.

Cando son?

O 26 de novembro, de 17:00 a 20:00 h

Quen se pode presentar?

Poden presentarse os pais, nais e titores legais do alumnado do colexio. As candidaturas poden presentarse ata as 14:00 o 19 de novembro, na secretaria do colexio.

Como é o proceso?

  1. Exposición do censo de pais/nais/ titores: xa dispoñible no taboleiro de anuncios do centro (Comproba que estás na lista para poder votar!)
  2. Presentación de candidaturas: ata o 19 de novembro ata as 14:00 h
  3. Sorteo dos membros da mesa electoral: 19 de novembro ás 16:30 h. A mesa está composta pola dirección do centro e catro pais/nais/titores. O presidente da mesa é o director, o secretario, o membro de menor idade.
  4. Campaña electoral: do 20 ao 24 de novembro
  5. Votación: 26 de novembro, de 17:00 a 20:00 h

 

Estas entrada foi publicada en 2018-2019 coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s