Actividades extraescolares 2018-2019

Neste primeiro mes de setembro está a funcionar o servizo Cóxegas para axudar á conciliación das familias mais a partir do 1 de outubro xa comezarán a funcionar outras actividades, tanto as ofrecidas pola federación de anpas en convenio co Concello como o resto de actividades que se ofrecen directamente desde a anpa.

Actividades da federación-concello (POE, patinaxe, multideporte, baile)

Lembrámosvos que o prazo para formar grupo remata o día 19 de setembro, polo que aquelas actividades nas que non se consiga un mínimo de 12 participantes non poderán saír adiante. Se tedes interese nestas actividades o momento de apuntarse é agora, do contrario logo non se poden organizar. A día de hoxe non hai suficiente matrícula para algúns dos grupos así que anímate e a ver se o conseguimos!.

Reunión e presentación de actividades

O vindeiro xoves, 20 de setembro, faremos unha reunión ás 16h no ximnasio do cole para presentar as actividades que se ofrecen desde a anpa, onde estarán presentes a maioría de monitores e monitoras das actividades para resolver calquera dúbida que teñan as familias. Despois da reunión xa poderás facer as inscricións a todas as actividades, así como darte de alta ou renovar a túa condición de socio/a da anpa.

Horarios das actividades

A continuación podes descargar as circulares sobre as actividades dirixidas aos diferentes grupos. Houbo algúns cambios debido a erros na publicación dos folletos así como a problemas cos espazos e coincidencias de horarios, polo que é importante revisalos antes de facer as inscricións:

  • Circular educación infantil (descargar)
  • Circular educación primaria 1º, 2º e 3º (descargar)
  • Circular educación primaria 4º, 5º e 6º (descargar)

 

 

Estas entrada foi publicada en 2018-2019 coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s