Servizos para a conciliación: Cóxegas, comedor e madrugadores

O próximo mércores 12 setembro da comezo o curso escolar 2018-2019 e tamén algúns dos servizos que axudan a conciliar a vida laboral e familiar, nos que non hai grandes novidades respecto ao curso anterior.

De xeito extraordinario o local da Anpa estará aberto o próximo luns e martes (10 e 11 de setembro) de 9.30 a 10.30 para atender as solicitudes de alta no servizo de conciliación Cóxegas, dispoñible no período do 12 ao 28 de setembro, de luns a venres en horario de 16.00 a 18.00. Podes ver máis información no tríptico de programas educativos da Federación de Anpas e o Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

Lembra que debes aboar o custe do servizo Cóxegas no local da Anpa, onde encontrarás o folleto de inscrición. Se non podes acudir no horario especificado descarga e cubre o formulario e méteo no buzón da Anpa en sobre pechado xunto co diñeiro da cota correspondente. Como novidade deste ano podes utilizar o mesmo folleto de inscrición para solicitar praza no servizo Cóxegas tamén para xuño, así como para outros programas como Ocio Educativo (POE) e actividade de Deporte no centro.

Podes consultar a información sobre o servizo de comedor e madrugadores, que se ofrecen nas mesmas condicións que o curso pasado, neste mesmo blog.

En breve publicaremos a data do acto de presentación da Anpa, onde daremos a coñecer a proposta de actividades extraescolares para este curso e abriremos o prazo para as altas e renovacións de socios e socias da asociación.

Estas entrada foi publicada en 2018-2019 coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Servizos para a conciliación: Cóxegas, comedor e madrugadores

  1. Pingback: Actividades extraescolares 2018-2019 | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s