Crónica da da visita á contorna da Torre

O pasado venres achegámonos á Torre de Hércules para realizar unha visita guiada á súa contorna, prestando especial atención á natureza que a rodea. Encontrámonos co guía, Manuel, no centro de visitantes e dalí comezamos un paseo pola veiga, logo achegámonos á beira do mar, onde se atopa a franxa con máis valor do espazo, ao ser a menos intervida pola xente, e rematamos na poza dos anfibios. Polo camiño falamos de paxaros, dos seus niños e ovos, de insectos, de anfibios… A caixa sorpresa do guía foi todo un éxito e cada vez que a abría nenos e nenas quedaban marabillados co que saía dalí.

Deixámosvos unhas imaxes para que vos fagades unha idea de como pasamos a tarde do venres e lembrámosvos que se pode asistir a estas visitas outros días, xa que son un servizo de balde que ofrece o concello.

Para os máis nostálxicos, sabede que tedes dispoñible na rede toda a serie sobre a natureza de Felix Rodríguez de la Fuente ;-).

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s