Novo boicot ás reválidas en 2018

Outro ano mais, achégase a data das avaliación finais para o alumnado en diferentes niveis educativos, as coñecidas como reválidas. A Lomce segue vixente e, a pesar de que o goberno tivo que ceder á presión popular e renunciar a que estas probas tivesen efecto sobre o expediente académico, (e nalgunhas comunidades foron suspendidas) as reválidas seguen a realizarse en todos os centros educativos.

Seguimos a ter os mesmos motivos que os anos anteriores para participar no boicot ás reválidas e mostrar o noso rexeitamento aos aspectos máis negativos dunha lei educativa, a Lomce, que non gusta ás familias, á comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto.

nonaLOMCE_nonAsRevalidas

Tras o éxito en anos anteriores (2017, 2016), onde Galicia destacou entre o resto de comunidades do Estado, chamámosvos a participar no boicot este ano, non enviando aos vosos nenos e nenas ao colexio se teñen que participar nas reválidas.

23 e 24 de maio en 3º de primaria
29 e 30 de maio en 6º de Primaria

Tanto a Confederación de Anpas Galegas como a Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos (da que formamos parte) teñen mostrado o seu rexeitamento a estas probas, polo que nos, desde a nosa Anpa, tamén queremos mostrar o noso apoio máis firme a este boicot. (ver comunicado_CONFAPA contra as reválidas 2018)

Podes utilizar este modelo de documento (pdf / odt / doc) para xustificar a ausencia a clase nos días da reválida.

Recomendámosche tamén algunhas lecturas para que te informes sobre este asunto:

folleto_revalidas_PGEP

Folleto publicado pola PGEP sobre as reválidas

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s