E ti, que sabes de María Victoria Moreno?

759px-María_Victoria_MorenoEste ano o Día das Letras Galegas adícaselle á escritora María Victoria Moreno, unha muller que, a pesar de que non naceu en Galicia, adoptou o galego como a súa língua propia, chegando a dicir: “…A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”.

María Victoria foi mestra, libreira, escritora, pioneira na literatura infantil en galego, defensora e promotora da nosa língua alá onde estivera, o que lle trouxo non poucos problemas. A súa historia non nos cabe nunha entradiña deste blog, mais estades de sorte, pois este ano a rede volcouse de cheo coa celebración da homenaxe a María Victoria Moreno e podedes atopar o voso propio camiño na busca de recursos relacionados coa autora. E por suposto, non vos esquezades dos seus libros, que podedes encontrar nas librarías e bibliotecas escolares ou municipais e que, nesta ocasión, ao tratarse de literatura infantil, terán boa acollida entre as peques da casa: Mar adiante, A festa no faiado, Leonardo e os fontaneiros, Anagnórise, O cataventos

A continuación algúns enlaces interesantes para ir coñecendo mellor a esta autora:

  1. Vídeo interactivo: este vídeo da deputación un bo punto de partida para comezar a saber algo da autora
  2. Primavera das letras: trátase dunha iniciativa da Real Academia Galega, un portal moi completo, cun deseño moi coidado, e cantidade de materiais e fichas con diferentes actividades para tratar diferentes aspectos relacionados coa autora, como foi a súa vida e a historia da nosa língua. Tes que velo!
  3. Índice de recursos no Portal Galego da Língua: desde aquí poderás acceder a cantidade de recursos sobre María Victoria Moreno, mesmo actividades dinamizadoras feitas en centros de ensino, por exemplo, un audiolibro
  4. Unidade didáctica: aproveita a obra de María Vitoria Moreno para traballar sobre a discriminación que sofre o galego e as mulleres.
  5. Busca de vídeos; isto é o que pasa se buscas “maria victoria moreno” en Youtube ;-
  6. … e se atopas algo interesante, podes compartilo nos comentarios do blog 😉

No cole levan xa varios días traballando contidos relacionados coa celebración do Día das letras galegas así que non deixes pasar a ocasión e acompaña os teus nenos e nenas na aventura de descubrir a figura da homenaxeada deste ano: María Victoria Moreno.

E para rematar, unha canción  homenaxe ao título máis coñecido da autora:

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s