Fin de curso 2017-18 nas actividades extraescolares

Comunicámosvos as datas de finalización das actividades escolares para este curso 2017-2018, así como a información das exhibicións, representacións ou sesións de portas abertas.

Actividade Data fin Presentación con familias Outros
Baile Moderno

Baile Mini

Patinaxe

Semana 28-31/05 Data:01/06/2018Hora: 16:00 a 18:00

Lugar: Pabellón Agra

Aberto a todas as familias do cole.Baile Mini, por ser participantes de moi pouca idade, farase actuación segundo a decisión das familias.
Taekwondo Mércores 20/6 Data:01/06/2018Hora: 16:00 a 18:00

Lugar: Pabellón Agra

Taekwondo se hai grupo mínimo seguirá ata fin de curso (consultar ao monitor horario de xuño e precio)
English Club

English Club Mini

Venres 15/6

 

Presentación dun vídeo do proxecto o lun 19X

Hora: 16h-17h

Lugar: Aula de clase

Tarifa se continúa en Xuño:

  • 5€/1 dia semana  
  • 10€/2 dia semana  
Robótica Luns 28/05 Data: 28/05/2018

Hora: 17:00

Lugar: aula informática

Teatro Luns 04/06 Data:04/06/2018

Hora: 16:00 a 17:00

Lugar: Ximnasio Cole

Para familias dos participantes na actividade e familias interesadas para o próximo curso
Pequechef Martes 29/05 Non

 

Natación (Riazor) semana 28-31/05 do 28 ao 31 Portas abertas
Natación (Termaria) Xoves 21/06 Semana do 11 de xuño portas abertas Para máis información consultar a Termaria
POE Xoves 31/05 Non hai
Xadrez (por confirmar) (por confirmar)

Se aínda non o fixestes, non deixedes pasar a oportunidade de cubrir a enquisa de avaliación das actividades deste ano, onde podedes contarnos a vosa opinión e suxerir novas actividades. Ir á enquisa.

coxegasTal e como informamos nunha entrada anterior, se buscades unha alternativa para as tardes do mes de xuño ata o fin do curso, poñerase en marcha o programa Cóxegas, que se estende desde o 1 ao 21 de xuño, de luns a venres, en horario de 16h a 18h.

  • Prazo de inscrición: do 14 ao 16 de maio.
  • Custo do programa: 15 € / participante.

No local da Anpa están dispoñibles os folletos do programa Cóxegas, co formulario que debes cubrir para facer a inscrición. Tamén podes descargar o folleto aquí para cubrilo e imprimilo na casa.

E unha vez que remate o programa cóxegas, coincidindo co remate das clases, dará comezo o programa Campacoles, en horario de mañá, que este ano esperamos poder realizar no noso centro, sempre que consigamos a matrícula suficiente. Informaremos das datas e outras cuestións en próximas comunicacións.

warning_10828As actividades de inglés e taekwondo funcionarán no mes de xuño de acordo ás datas e horarios que podes ver no cadro de arriba e permiten altas para as datas do mes de xuño se os teus nenos e nenas queren probar a actividade de cara ao curso que ven.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s