Campamentos de verán

campamentos_veranNon falta moito para o final do curso comezan a anunciarse as actividades e campamentos que organizan diferentes entidades para axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Achegámosvos un resume con algunhas das alternativas en marcha e outras previstas para este verán:

Campamentos de verán 2018 en Fórum e Ágora (concello)

Campamentos de dúas semanas de duración centrados nunha temática determinada. Poden solicitarse varias quendas, desde o 25 de xuño ata o 31 de agosto.

Horario: de 10h a 14h (ampliable a 9h)
Destinatarios/as: Nados/as entre 2006 e 2014.
Preinscrición: Dende o 02/05/2018 ata o 04/05/2018

Visita a páxina do concello con toda a información.

Acción de verán (Xunta)

Para os nenos e nenas mais maiores a Xunta ofrece unha longa lista de campamentos de entre 8 e 12 días (algúns dispoñibles para as persoas nadas antes de 2010). Consulta a listaxe de campamentos dipoñibles no anexo i.

Preinscrición: 15 días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia., o pasado día 25 de abril.

Visita a páxina de acción de verán.

Cóxegas (Federación de Anpas)

Cóxegas é o programa que ven a cubrir o baleiro que deixa a finalización das actividades organizadas pola Federeación de Anpas xunto ao Concello ( Deporte non Centro, POE​, Luditarde,​ Trotamúsicos e Emociónate!​), que finalizan o 31 de maio.

O programa Cóxegas exténdese desde o 1 ao 21 de xuño, de luns a venres, en horario de 16h a 18h.

  • Prazo de inscrición: do 14 ao 18 de maio.
  • Custo do programa: 15 € / participante.

Campacoles (Federación de Anpas)

Como nos últimos anos, a Federación da Anpas á que pertencemos organiza campamentos para o verán, que se desenvolven nos propios centros educativos. Nesta ocasión estamos a facer os trámites necesarios para que tamén se realice no noso centro, de xeitos que os nosos nenos e nenas terían preferencia na inscrición.

Trátase de campamentos dunha semana de duración e pódense solicitar varias quendas.

O campamento desenvolveríase durante o seguinte período: do 25 de xuño ao 20 de xullo

Datas de inscrición 4, 5 e 6 de xuño

Campamentos nos barrios (concello)

Como noutras ocasións, diferentes centros cívicos da cidade ofrecen servizos de conciliación en forma de campamentos. Informaremos a través das redes sociais en canto dispoñamos de máis información.

Máis alternativas para o verán

Ademais destes programas podes consultar outras alternativas na seguinte páxina do concello: ver listaxe de campamentos de verán.

 

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Campamentos de verán

  1. Pingback: Fin de curso 2017-18 nas actividades extraescolares | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

  2. Pingback: Campacoles para o verán 2018 | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s