Conciliación para as vacacións de semana santa de 2018

Achéganse as vacacións de semana santa polo que vos informamos dalgunhas propostas de actividades para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Campacole

A federación de Anpas propón a celebración dun campacole de semana santa para os días 27, 28 e 29 de marzo e 2 de abril.
Para que o campacole se realice no noso centro precisamos un mínimo de 25 inscricións. As condicións serían as seguintes:

  • Campacole: de 10 a 14h: Cota de 25€ (mínimo 25 escolares)
  • Madrugadores: de 8.30 a 10h.: Cota de 5€ (mínimo 10 escolares) (sen comedor)
  • Comedor: de 14 a 15.00h.: Cota de 20€ (mínimo 10 escolares)

Coa intención de confirmar a realización do Campacole confírmanos o teu interese en participar a través do correo da anpa pois precisamos un mínimo de 25 participantes.

En caso de realizar o campamento a matrícula será os días 12 e 15 de marzo, no horario normal de apertura do local da Anpa.

Podes ver toda a información deste Campacole no folleto de inscrición (descargar pdf)

Recuncho do xogo

Por outro lado, o concello organiza nos centros cívicos da cidade, para os días 26, 27 e 28, en horario xeral de 10.00 a 13.30h, os Recunchos do Xogo.

Consulta a información de inscrición na páxina do concello.

A inscrición para os recunchos do xogo estará aberta os días 3, 5 e 6 de marzo.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s