Curso “Atención a urxencias sanitarias para familias”

Fannos chegar a Anpa a seguinte información sobre a realización dun curso gratuíto sobre “Atención a urxencias sanitarias para familias“. A continuación toda a información sobre o curso:

Desde a Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso “Atención a urxencias sanitarias para familias” con dous obxectivos básicos:

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería.
  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da comunidade educativa.

Para iso, e coa colaboración do 061, trataranse os seguintes contidos.

  • Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
  • Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo.

As datas están sen fixar, mais serán tres sesións de tres horas cada unha (de 17:30 a 20:30) probablemente durante as semanas do 9 ao 13 e do 16 ao 20 de abril. O lugar será determinado en función das solicitudes recibidas.

A actividade é para nais e pais, non vai dirixida ao profesorado.

Se tes interese en participar deberás enviar un correo electrónico no que indiques o teu nome e apelidos e datos de contacto (teléfono, correo electrónico) así como o nome do centro (CEIP de Prácticas da Coruña) ao seguinte enderezo: cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xunta.es, antes do 15 de marzo. A inscrición no curso será por orde de chegada ata cubrir o número de prazas (30).

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto coa Anpa.

 

 

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s