O 24F #AbreAFiestra a Rosalía

DiaRosaliadeCastro-2018-AELGDesde hai sete anos vense celebrando o 24 de febreiro como o día de Rosalía de Castro, en conmemoración do nacemento da autora. A asociación de escritoras e escritories en lingua galega (AELG) propoñen para este día regalar unha flor e un libro en galego.

Esta celebración ten grande aceptación entre os centros de ensino, que realizan diversas actividades arredor da figura de Rosalía nos días próximos ao 24F, que este ano cae o sábado.

Desde a Anpa sumámonos á celebración desta data tan especial e animámosvos a que aproveitedes a ocasión para coñecer mellor, xunto aos vosos fillos e fillas, a vida e obra de Rosalía.

Unha proposta entretida é navegar polos centos de vídeos que hai na rede sobre a autora de Padrón. Hai vídeos realizados por escolares sobre a vida de Rosalía, fotomontaxes con textos dalgúns poemas e sobre todo moita música. Hai algunhas obras xa clásicas como o Adios ríos, adiós fontes de Amancio Prada ou a Negra Sombra de Luz Casal ou discos dedicados por completo á Rosalía como Nas tardes escuras, de Narf.

capa-rosalia-promo-471x710

Ademais dos seus libros, podemos atopar tamén moita bibliografía de temática rosaliana, entre os que vos deixamos unha recomendación: un libro infantil da colección Mulleres bravas da nosa historia coa biografía de Rosalía.

A rede está chea de recursos para investigar e coñecer a este personaxe da cultura galega, só tes que buscar un pouquiño. Queres comprobar canto sabes? Preme aquí.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to O 24F #AbreAFiestra a Rosalía

  1. Montse di:

    Estupenda publicación e magnífica selección Nas tarde escuras de Narf, moi recomendable.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s