Presentación do programa Stop Accidentes

logotipo_stop_accidentesA semana pasada unha triste nova chamou a atención de toda a comunidade do Ceip de Prácticas sobre o perigo que representa o tráfico nos arredores do noso centro, nomeadamente nas horas de entrada e saída da escola.

Son moitos os puntos conflictivos que rodean a nosa escola e o aumento de tráfico nos últimos anos aumenta a súa perigosidade.

Desde a Anpa promovimos a posta en marcha do programa ANCAS, Camiños Escolares, en colaboración coa asociación Stop Accidentes, un programa que pretende facer da cidade un lugar mais seguro onde os nosos nenos e nenas poidan moverse en liberdade. Unha cidade, en defintiva, máis segura para todos e todas.

O próximo luns 19, ás 17h, teremos unha reunión no noso colexio para presentar con máis detalle o programa na que contaremos coa presenza de Jeanne Picard, delegada en Galicia da asociación Stop Accidentes. Falaremos do estado actual de desenvolvemento do proxecto ANCAS e das problemáticas de seguridade viaria que temos no noso centro.
O programa Camiños Escolares Seguros tamén precisa da colaboración das familias para saír adiante. Esperamos que poidas asistir á reunión.

Por outro lado, desde a Anpa, vimos tamén de enviarlle unha carta ao Concello para transmitirlle a nosa preocupación en relación cos problemas de seguridade viaria do noso centro. Podes consultar o contido da carta no seguinte enlace (ver carta).

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Presentación do programa Stop Accidentes

  1. Pingback: Camiños escolares seguros: avaliación da primeira proposta | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s