11 de febreiro: Día internacional da muller e da nena na ciencia

Mais alá do Día de Ada Lovelace, como día no que celebrar a presenza de mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, que xa recordamos no pasado outubro, a ONU propuxo hai un par de anos outra data, o 11 de febreiro, para celebrar o Día internacional da muller e da nena na ciencia.

De novo a iniciativa pretende visibilizar a presenza das mulleres no campo da ciencia e promovela entre as mais pequenas.

Este ano a celebración esténdese desde o 11 de febreiro ao 15, con actividades en moitas localidades centradas na figura da muller na ciencia.

baralla_mulleres_en_ciencia_sample1-600x590Existe cantidade de materiais co que traballar esta temática cos nenos e nenas: contos, libros, películas… Nesta ocasión queremos recomendarvos un xogo de cartas que atopamos na rede: Women in Science. Podes descargar de balde un ficheiro da rede e imprimir e crear a túa propia baralla. Está dispoñible en varios idiomas: francés, inglés, castelán… e estamos en contacto cos autores (Anouk Charles y Benoît Fries) para traducila ao galego ;-).

 

 

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s