Resumo da reunión trimestral 2017-18

O pasado luns 15 tivemos unha reunión da Anpa, co fin de facer balance do traballo realizado no primeiro trimestre e falar dos temas que estamos a desenvolver actualmente.

Coa intención de facilitar a asistencia á reunión solicitamos un espazo no edificio contiguo da NORMAL, de xeito que puidesemos facer a xuntanza noutro horario sen as limitacións que temos na nosa escola.

No primeiro trimestre do curso puxemos en marcha, como todos os anos, as actividades extraescolares, comedor etc. Apoiamos a festa do Samaín que se celebrou en horario escolar financiando un contacontos, fixemos un obradoiro de decoración de cabazas, e tamén axudamos na festa de Nadal.

Participamos no programa “Ao Meu Xeito!“, presentando unha serie de actividades para familias e alumnado como o obradoiro de almorzos e merendas saudables, primeiros auxilios, comunicación asertiva, teatro  e obradoiros de consumo responsable. As actividades foron ben valoradas tanto polo alumnado, o profesorado e tamén as familias.

Puxemos en marcha os Campacoles de Nadal, un servizo conciliación para as datas das vacacións que nesta ocasión tamén funcionou no noso cole.

En relación coas actividades extraescolares, este ano comezamos coas aulas de xadrez, en colaboración co club universitario e tamén coa clase de Judo.

Desde a Anpa participamos na posta en marcha do programa Camiños escolares, xunto a dirección do colexio e a asociación Stop Accidentes, que se desenvolverá ao longo de todo o curso.

Desde a Anpa queremos fomentar as actividades en familia, polo que temos algunhas propostas en marcha para este trimestre, das que iremos informando. Entre elas destacamos:

Na reunión tratamos outros temas relativos ás infrastruturas do noso centro, como as recentes obras no valado, o peche do aparcadoiro e a necesidade de facer un estudo dos niveis de radón presentes no noso centro.

Desde a Anpa acordamos solicitar que se informe ás familias da situación actual do aparcadoiro e do que se espera para o futuro.

En relación co problema do radón, desde a Anpa comprometémonos a solicitar e asumir o custo das análises necesarias para coñecer a situación do noso centro.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s