Campacoles de Nadal 2017-18

Achégase o nadal e, como nos últimos anos, a Federación de Anpas da Coruña e o Servizo Municipal de Educación organizan os Campacoles de Nadal, un servizo pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións.

Como novidade, este ano conseguimos ofrecer os campamentos tamén no CEIP de Prácticas, co que esperamos garantir as prazas necesarias para as familias do cole.

Datas

O servizo ofrécese nos días non festivos desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro:

  • 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2017.
  • 2,3,4 e 5 de xaneiro do 2018.

Consulta o calendario escolar deste curso.

Horario

  • Madrugadores: A partires das 8:00 h (sen almorzo)
  • Campamento: De 10:00 a 14:00 h.
  • Comedor. Dende ás 14:00 h. até as 15:00.

Ollo, porque temos algúns cambio respecto ao horario do comedor no resto dos coles, nos que rematan ás 15:30. No noso caso o recinto da universidade pecha antes, polo que o servizo de comedor, no noso colexio, rematará ás 15:00. Ademais o servizo de madrugadores non contará con servizo de almorzo.

Cotas
A cota aboarase no momento da inscrición, lo local da Anpa.

  • Campamento: 25€
  • Madrugadores: 10 €
  • Almorzo: 10 € (non dispoñemos de servizo de almorzo)
  • Comedor: 40 €

Inscrición

O proceso de inscrición comeza o próximo luns, día 4 de decembro. Podes descargar o folleto de inscrición con toda a información neste enlace ou facerte cunha copia no local da Anpa.
Se tes algunha dúbida sobre o programa Campacoles de Nadal podes pasarte polo local da Anpa ou tamén podes poñerte en contacto coa Federación de Anpas nos seguintes teléfonos: 981 202 002 / 981 201 877

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s