25N, Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas

O 25N celébrase o Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas. Malia que nos medios só saian os asasinatos e casos escabrosos, compre recordar que a violencia machista non é só a que implican os golpes senón que hai moitas formas de exercela: acoso, intimidación, insultos, desprezo, control… Moitas destas condutas témolas normalizadas e non fan saltar as alarmas cando as vemos reproducir nas nosas nenas e nenos desde ben cedo, mais a realidade é que o mellor momento para atallalas é cando son pequenos, educando na igualdade e no respecto.

Desde a ANPA queremos presentarvos unha pequena escolma de libros que fomentan esta igualdade e poden axudarnos a previr estes comportamentos dun xeito lúdico. Agardamos que vos gusten!

“Maruxa”, de Eva Mejuto & Mafalda Milhões. Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

Monstruo Rosa, de Olga de Dios. É un conto sobre o valor da diferencia. Unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade, Monstruo Rosa é un berro de liberdade.

 

“¡Pink! El pingüino que se volvió rosa”, de Lynne Rickards. Esta é a historia dun pequeno pingüín chamado Patrick, que un bo día érguese e dase conta que, durante a noite, volveuse de cor rosa, de pes a cabeza! Un neno rosa! Qué pensarán os seus amigos?

“La peluca de Luca”, VVAA: Luca decide ir un día á escola cunha perruca de pelo longo e flequillo recto. Todos rin e búrlanse del, pero el non o entende: quén decide que unha perruca é de neno ou de nena? por qué debería quitala se non fai dano a ninguén? e qué hai de malo en parecer unha chica?

 

“La historia de los Bonobos con gafas”, de Adela Turin y Nella Bosnia. Eles podían viaxar, modernizarse e aprender. Elas non, elas só podían recolectar comida e coidar dos pequenos. Pero un día dirán basta.

Adela Turin é unha autora italiana moi comprometida coa loita contra o sexismo e os seus contos son un referente neste tema, outros títulos desta mesma autora son “Rosa caramelo”, “Arturo y Clementina” e “Una feliz catástrofe”

“Érase dos veces caperucita”, Pablo Macías e Belén Guade. Proxecto editorial que reescribe tres contos clásicos como La Cenicienta, Blancanieves e Caperucita e crea un novo imaxinario de referencia lonxe de mandatos de xénero e roles sexistas.

 

 

“Las mujeres y los hombres”, VVAA. Libro de 1978 reeditado en 2005 pola editorial Mediavaca onde fala das mulleres e os homes e en qué se diferencian e en qué non. Reeditaronno con novas ilustracións pero incriblemente os textos conservan toda a súa vixencia, malia terse producido avances nos dereitos das mulleres. Claro e ameno, nun formato cercano ao comic, vale para todas as idades.

“Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes” de Elena Favilli y Francesca Cavallo. 100 historias de 100 mulleres con perfiles moi diversos (modelos, astrónomas, políticas, escritoras, bailarinas, pilotos de fórmula 1, diseñadoras e máis) para proporcionar ás nosas nenas (e nenos!) referentes femininos.

 

E se vos quedan ganas e máis, aquí tendes un listado moi completo de libros non sexistas agrupados por idades:

la mochila violeta, guía de lectura infantil y juvenil no sexista y coeducativa

Referencias:

http://www.clubpequeslectores.com/2016/03/cuentos-igualdad-coeducacion.html

http://www.omundoaoreves.com/por-que-debes-leer-cuentos-de-buenas-noches-para-ninas-rebeldes-y-por-que-no/

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to 25N, Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas

  1. Pingback: 25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s