Charla de alimentación e concurso de receitas

O pasado martes tivemos a primeira das actividades financiadas co programa Ao meu Xeito, unha charla sobre almorzos e merendas saudables a cargo da dietista-nutricionista María Pérez Muñoz.

María deunos algúns consellos para mellorar a nosa alimentación, así como a dos nosos fillos e fillas, desmontando algúns dos mitos e ideas falsas que temos na cabeza. Recordounos a importancia de ter unha actitude positiva coa comida e disfrutala, así como a necesidade de “predicar co exemplo” en lugar de practicar actitudes mais autoritarias de “obrigar a comer”. A continuación podes ver unha táboa con algúns dos consellos dos que falamos na charla.

Se queres que o teu fillo ou filla coma dun xeito saudable…

  1. Come ti dunha forma saudable, es o seu referente.
  2. Ten sempre na casa froita fresca e outros alimentos saudables para que se familiarice con eles e os poida consumir por iniciativa propia, mais non insistas en que o faga.
  3. Evitar ter á vista ou ao seu alcance produtos insanos. Lembra que non debes prohibir.
  4. Respecta tanto o seu apetito como os seus gustos.
  5. Ofrece pratos saudables, sabrosos e atractivos á vista.

Na charla compartimos as nosas experiencias e comprobamos que todas as familias temos “problemas” similares e compartimos a preocupación por dar ao nosos fillos e fillas unha alimentación saudable.

Na segunda parte da actividade vimos algúnhas ideas e suxestións para facer uns almorzos e merendas mais apetetitosos e saudables. Podes descargar un folleto que repartiu María na charla, onde consultar algúns dos consellos e tamén receitas que podes poñer en práctica na túa casa. No local da Anpa temos algunhas copias para repartir.

Se tes interese neste tema, na rede podes encontrar moitísima información e facerte todo un experto ou experta en cociña saudable: artigos, cursos, libros, páxinas con receitas, foros… Hoxe en día non temos excusa para estar desinformados e desinformadas. Animámoste a que busques e compartas os teus descubrimentos con outras familias.

Deixámosche algúns enlaces interesantes:

Concurso de receitas saudables

E como non queremos que isto quede só nunha charla informámosvos sobre un concurso que poñemos en marcha hoxe mesmo, con premio!.

Trátase de que nos enviedes a través do facebook da Anpa unha receita dun almorzo ou merenda saudable, xunto a súa correspondente foto. Podedes utilizar unha das receitas de María, doutros recursos presentados nesta páxina, ou de internet en xeral. Comprobaremos que a vosa receita é saudable e a mellor de todas levará de premio un estupendo libro de receitas. A data do concurso remata o próximo día 10 de decembro.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Charla de alimentación e concurso de receitas

  1. Pingback: Resumo da reunión trimestral 2017-18 | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s