Actividades para tod@s co programa Ao Meu Xeito!

A principios de mes o Concello puxo en marcha un novo programa educativo: Ao meu xeito!, co cal quere favorecer a participación e o autogoberno dos centros educativos públicos da cidade. Cada centro dispuxemos duns 2.000€ para organizar actividades educativas polo que nas pasadas semanas estivemos a traballar para poder ofrecer a toda a comunidade educativa: nenos e nenas, familias e profesorado unha serie de charlas, obradoiros e actuacións que vos presentamos de seguido, e que terán lugar ao longo do que resta do presente trimestre. Todas as actividades son de balde, financiadas polo programa Ao Meu Xeito!

(21 de novembro): Charla “Almorzos e merendas saudables”. Da man da dietista-nutricionista María Pérez Muñoz teremos unha charla na que nos falará da importancia da nutrición e nos dará unha serie de consellos sobre como facer uns almorzos e merendas apetitosos e saudables para os nosos nenos e nenas. A charla será na biblioteca de 16h a 18h. Actividade para nais e pais. Non precisa inscrición.

(23 de novembro): Peza teatral “O rato Fuco aprende a querer” a cargo da compañía Trinke Trinke. Unha bóa saúde afectiva é básica para o benestar e o desenvolvemento da persoa. Tamén é importante para previr comportamentos violentos e para saber detectar relacións insás. Isto sábeno ben os ratos e ratiñas de Lonxedetodo, que teñen cousas moi interesantes para contarlles ao mais pequenos. Faránse dúas sesións da obra en horario lectivo para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º de primaria.

(29 de novembro + 4 de decembro): Obradoiros para un Nadal sen consumo organizados pola cooperativa rexenerando. Achéganse as datas do nadal e a esta proposta céntrase na temática do consumo asociado a estas datas. Propóñense dous obradoiros diferentes:

  • Obradoiro con material de refugallo: para 3º e 4º de primaria. Neste obradoiro faranse diferentes manualidades ou agasallos a partir de material de refugallo.
  • O nadal noutras culturas: para 5º e 6º de primaria. Unha proposta para visualizar como se vive o nadal noutras culturas e contrastalo coa propia experiencia.

Os obradoiros realizaránse en horario escolar.

(30 de novembro): Peza teatral “Non, aí non”. Afondando na temática afectivo-sexual, unha nova obra da compañía  Trinke Trinke e dúas novas sesións en horario lectivo para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º de primaria.

(30 de novembro + 4 de decembro): Obradoiro de primeiros auxilios á cargo da Cruz Vermella. Con este curso queremos proporcionar ás familias e ao profesorado coñecementos básicos de primeiros auxilios destinados á atención de bebés, nenos e nenas. Celebraranse dous cursos de 2 horas, un o día 30 de novembro e outro o día 4 de decembro, en horario de 16h a 18h. Este obradoiro precisa inscrición, pois cada curso permite só 15 prazas. Utiliza o seguinte formulario de inscrición para apuntarte ou comunícallo á Anpa.

(5 de decembro): Obradoiro de Comunicación no ámbito familiar e escolar. A cargo da compañía Bével, un obradoiro sobre comunicación a través da asertividade no que se mostrará ás persoas participantes outra forma de dicir as cousas sen ferir aos demais, á vez que expresamos o que queremos dicir, o que favorecerá a nosa comunicación coas persoas. Actividade para familias e aberta ao profesorado, sen límite de prazas. Agradecémosche que te inscribas para ter unha estimación de número de asistentes: formulario de inscrición. O horario será de 16 a 18h.

Todas as actividades foron propostas pola Anpa e aprobadas en Consello Escolar extraordinario debido á premura dos tempos requeridos polo programa. Certamente o calendario foi moi axustado e esperamos, se se repite o programa Ao Meu Xeito! nos vindeiros cursos, poder contar coas familias á hora de propoñer as actividades, así como extendelas ao longo do curso.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Actividades para tod@s co programa Ao Meu Xeito!

  1. Pingback: Charla de alimentación e concurso de receitas | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

  2. Pingback: Resumo da reunión trimestral 2017-18 | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s