Nova actividade de intelixencia emocional

Dende a Anpa levamos dous cursos ofrecendo unha actividade de Intelixencia Emocional para nais e pais da man da psicóloga Isabel Fernández, con experiencia en traballo con nenos e nenas, adolescentes e familias. Nas sesións celebradas transmitiu información privilexiada para manexar mellor as nosas emocións e entendernos cos fillos e fillas.

Este ano proponnos unha actividade de Autocoñecemento a través do Sicodrama; método terapeútico e pedagóxico que mellora a integración de mente, corpo e acción dun xeito divertido.

Si tes curiosidade de saber mais sobre Sicodrama e a actividade deste curso esperámoste na presentación gratuíta este mércores 8, as 16:15 na aula de música do centro.

O obradoiro farase todos os mércores, en horario de 16.30 a 17:30, na aula de música, desde o 8 de novembro ata o 27 de decembro, con un custe de 10€ por sesión.

Mais información sobre Autocoñecemento con Sicodrama:

Estanos tocando vivir nun mundo saturado de información. Esta actividade pretende darche un xeito lúdico e un espazo onde ordenar e actualizar as túas ideas, descubrirte e enriquecerte co traballo en grupo.
Combina o verbal e o vivencial para unha boa asimilación das sesións.

Estes son algúns dos beneficios:

  • Integra corpo – mente
  • Fomenta a creatividade e a reflexión
  • Actualiza os nosos conceptos obsoletos
  • Aclara e ordena a información que temos acumulada
  • Enriquecemento persoal compartindo en grupo
  • Proporciona disfrute e satisfacción
  • Danos ferramentas para ter unha maior comprensión cara nos e cara os demais
  • Aprendenos a ser protagonistas da nosa vida e ocupar axeitadamente o noso espazo
Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s