Resumo das asembleas xeral e extraordinaria

O pasado mércores 18 de outubro tivo lugar a asemblea xeral da Anpa, así como unha asemblea extraordinaria, das que facemos un resumo a continuación.

Presentouse o balance de contas facendo referencia aos ingresos (fundamentalmente as cotas das persoas socias) e diferentes gastos realizados o ano pasado. Destacouse o elevado gasto na festa de fin de curso de 2017. As contas da asociación están en bo estado.

Presentouse a nova directiva da Anpa, onde houbo algúns cambios e novas incorporacións. En breve colgaremos no blog a información do novo equipo.

En relación coas actividades extraescolares este ano volvemos a ter unha oferta similar á dos anos anteriores. Apoiámonos nos programa do concello: Programa de Ocio Educativo (POE) e Deporte no centro (Patinaxe, …), ademais de engadir actividades contratadas con outras empresas. Como sempre, seguimos coa problemática de que, ao ser un centro pequeno, algunhas actividades non se poden organizar por non conseguir un número mínimo de inscricións. Destacamos o feito de que a Anpa está aberta ás propostas das familias e que a implicación das mesmas é fundamental para que saian adiante. Como exemplo, este ano organizouse a actividade de xadrez a partir da iniciativa dunha nai interesada.

Mais alá das actividades extraescolares, que ademais do seu carácter educativo teñen unha compoñente de conciliación importante, desde a Anpa queremos fomentar as actividades destinadas a toda a familia. Este ano queremos organizar obradoiros, visitas, paseos, e todo tipo de actividades que se nos ocorran para disfrutar entre todos e todas, como unha maneira de fortalecer a comunidade que formamos as nais e pais ligados ao noso cole. Para isto tamén agradeceremos calquera proposta e suxestión, así como axuda para a súa realización.

En relación coas festas, tentarase repetir o calendario dos últimos cursos: magosto, nadal, entroido, fin de curso, … sendo estas dúas últimas en horario de tarde, de xeito que as familias tamén poidamos asistir. Como no ano pasado, requiriremos a axuda das familias para crear unha “comisión temporal de festas” para a organización e celebración dos eventos. Acordouse tentar facer festas mais participativas onde, coa axuda das familias, poidamos realizar outro tipo de actividades e tamén reducir os gastos.

Estamos a facer un grande esforzo por mellorar a comunicación, unha demanda que as familias nos fan chegar a Anpa. Afondaremos no uso das novas tecnoloxías: blog e o facebook como medios de difusión, whatsapp, tlfno. e correo electrónico para comunicación directa, mentres que seguiremos a manter os tradicionais medios como as circulares, o buzón e a atención no propio local da asociación.

Informámosvos tamén de que temos a intención de celebrar unha reunión aberta ás familias a finais de cada trimestre co fin de facer balance da actividade realizada así como dar espazo para dúbidas, propostas e outras suxestións.

Unha vez rematada a asemblea xeral demos paso á asemblea extraordinaria, con dous únicos puntos:

Acordouse modificar o nome da asociación para axustalo ao actual nome do centro, de xeito que pasaría a chamarse: ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Aprobouse tamén un cambio nos estatutos da Anpa co fin de axustalos á lexislación actual, tomando como modelo o documento de_estatutos para unha asociación como a nosa proposto pola Xunta.

Esperamos que este resumo sexa do voso interese, se ben todas as persoas socias da Anpa podedes consultar as actas completas das sesións no noso local.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s