Camiños escolares seguros

logotipo_stop_accidentesO noso cole súmase ao proxecto Camiños escolares ANCAS, dirixido pola organización STOP Accidentes, un proxecto de participación cidadá que incorpora a práctica de hábitos saudables e valores de convivencia na mobilidade, co obxectivo de acadar contornos urbanos máis seguros e sostibles.

No proxecto participa toda a comunidade escolar: profesorado, alumnado, ANPA, familias e tamén o comercio do barrio, as asociacións de veciños e o Concello da Coruña.

nenas_cruzanUn dos resultados máis visibles do proxecto é a creación dos camiños escolares seguros, rutas planificadas de acordo aos percorridos dos escolares identificados co símbolo do proxecto: a ra de San Antón.

ANCATrátase de fomentar no alumnado a autonomía no desprazamento, e recuperar a cidade como un espazo de convivencia amigable e seguro, ao tempo que concienciamos da necesidade de contribuír á diminución do uso do vehículo particular nos contornos escolares, para evitar riscos nas saídas e entradas cos colexios.

Ao longo deste curso desenvolveranse diversos obradoiros nas aulas e comezaremos a traballar no deseño dos camiños seguros. Tamén desde a ANPA esperamos poder organizar actividades ligadas ao proxecto. Estamos abertos ás vosas propostas e colaboración.

Se queres coñecer máis sobre o proxecto podes visitar a web da asociación, así como o seu blog, para estar ao tanto das novidades.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Camiños escolares seguros

  1. Pingback: Resumo da reunión trimestral 2017-18 | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

  2. Pingback: Presentación do programa Stop Accidentes | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

  3. Pingback: Camiños escolares seguros: avaliación da primeira proposta | ANPA CEIP de Prácticas A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s