Obradoiro de decoración de cabazas do Samaín

Achégase a data do Samaín e desde a Anpa queremos propoñervos unha actividade para pasar a tarde en familia: un obradoiro de decoración de cabazas.

Todos os anos pídennos que levemos unha cabaza decorada ao cole para celebrar este día así que, este ano, animámosvos a compartir este traballo con outros pais e nais e facelo no propio centro. Tamén podemos facer colares de castañas cocidas se vos animades!.

O cole celebra o Samaín cun magosto (só para o alumnado) o martes 31 de outubro, así que estaremos confeccionando os nosos calacús na tarde do día anterior, o luns 30, en horario de 17.00 a 19.00h. Por suposto, o obradoiro non é obrigatorio, e quen queira pode facer este traballo na casa tamén en familia.

Dispoñemos do ximnasio, onde colocaremos sillas e mesas para poder traballar comodamente.

Debes traer todo o que precises para o teu deseño: cabaza, coitelo, culler, rotuladores, fío, castañas, … Pensa ben no que vas precisar xa que a Anpa non se encarga do material.

Cartaz Obradoiro de decoración de cabazas do Saman

Nos últimos anos, desde moitos ámbitos, e tamén desde as escolas, estase a recuperar o samaín, festividade de orixe céltica ligada ao paso das estacións, o fin das colleitas, e tamén ás ánimas dos mortos!.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s