V edición dos Xogos Escolares

Neste curso o concello organiza a V edición dos Xogos Escolares, torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria dos centros educativos da cidade. Trátase dunha actividade gratuíta para os e as participantes.

Nesta edición, que se realizará desde novembro de 2017 a abril de 2018, contarase coas seguintes modalidades deportivas:

  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Tenis
  • Hockey Sala
  • Atletismo
  • Esgrima
  • Rugby
  • Xadrez

Podes consultar os horarios de cada especialidade na web do concello para os Xogos Escolares.

Categorías:

  • Benxamín: 2º, 3º e 4º de EP
  • Alevín: 5º e 6º de EP

Non se trata dunha actividade extraescolar deportiva cos seus propios adestramentos, senón unicamente da celebración de campionatos ou competicións.

Para participar nos torneos é preciso contar cun mínimo de persoas inscritas (segundo a modalidade), polo que desde a ANPA tomaríamos nota das persoas interesadas e inscribiríamos o equipo no caso de alcanzar o número esixido.

Ponte en contacto coa ANPA se estás interesado/a para facer a inscrición no equipo dalgunha das especialidades.

Tes toda a información na web do concello para esta V edición dos Xogos Escolares.

Estas entrada foi publicada en Sin categoría coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s